bolboretas de cores

bolboretas de cores
3ª Ciclo CEIP Nsa. Sra. Dores-Forcarei

viernes, 11 de febrero de 2011

 A XOANIÑA

 Tipo de animal
A xoaniña é un insecto que pertence á Familia dos coccinélidos e á Orden dos
coleópteros. O seu nome científico é “coccinella septempunctata.”
Características morfolóxicas
O seu corpo, de estrutura compacta, é redondeado pola parte superior e pode medir,
cando o seu desenrolo está completo, entre 5 e 8 milímetros. Nel distinguimos:
A cabeza cos ollos, as antenas, as mandíbulas e os palpos.
O tórax separado en tres segmentos: protórax, mesotórax e metatórax, candanseu cun
par de patas. Está protexido por un estoxo quitinoso formado polos élitros, brillantes e
pulidos, sen pilosidade, vermello e con sete puntiños negros, tres en cada élitro e un onde se
xuntan. Os élitros están protexendo as verdadeiras ás, as que lle serven para voar.
O abdome só se ve se lle damos a volta ao insecto e está formado por varios segmentos
visibles. No seu interior están, sobre todo, os órganos dixestivos e sexuais.
Comportamento
Insecto lonxevo, pode vivir ata un ano, hibernando amoreados en grupo. Para
defenderse tírase no chan e faise a morta, tamén esparexe un líquido de mal sabor ao seu
redor. Para o ser humano é totalmente inofensiva.
Soe ser sedentaria e diúrna, buscando plantas, para vivir, infestadas de pulgóns,
ácaros...
Alimentación
É unha preeira carnívora, tanto na súa fase de larva como de adulta, alimentándose
sobre todo de pulgóns, ácaros, cochinillas..., mesmo doutras xoaniñas.
Reprodución
É un animal ovíparo. O seu ciclo vital dura dous meses, apareándose nas plantas onde
fará a posta. Deposita arredor de 400 ovos amarelados e ao cabo dunha semana nacen as
larvas, escuras e provistas de seis patas, o que lles dá gran mobilidade. As larvas mudan tres
veces ata chegar a “pupa”, fase de inactividade que dura unha semana ao cabo da cal sairá a
xoaniña que fixará a súa cor en poucas horas, a medida que se endurecen os élitros.
Hábitat
Plantas de xardín e cultivos parasitados por pulgóns, ácaros, cochinillas...en todo o
mundo.
Curiosidades
Os agricultores considérana beneficiosa polos miles de insectos que comen ao longo da
súa vida, de aí que nalgúns países as utilicen como control biolóxico dalgunhas pragas,
evitando así o uso de produtos químicos.
Moitos animais non as atacan porque relacionan as súas cores co veleno. Os seus
inimigos son as andoriñas, algunhas arañas e incluso outras xoaniñas que non topan que
comer.
Cando as larvas non teñen pulgóns para alimentarse comen ovos que aínda non
eclosionaron.
En galego tamén se coñece como: cascarrubia, maruxiña, costureiriña, reirrei, papasol,
voíña...
Colexio: CEIP Nosa Señora das Dores, Forcarei-Pontevedra
Alumnos: 5º curso EP